Licencias e Permisos
Editoriais
Correo Web
Congresos ANPE
Eleccións Técnicos e Administrativos

Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación de Ourense


Historia


A Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense (Galicia-España) constitúe a máxima expresión artística dos quince mil alumnos que estudian os segredos da gaita na Escola Provincial de Gaitas. Ademais de ser unha canle para os alumnos da Escola de gaitas, a Real Banda pretende difundir e prestixiar a gaita como instrumento senlleiro nacional de Galicia, levando o espírito deste pobo a tódolos currunchos do Planeta; tal é o que se plantexa o seu fundador e director, Xosé Lois Foxo. O seu recoñecemento é tan universal coma a verba mesma, levando a súa música e a súa maxia ós máis dispares lugares do Planeta, sendo boa mostra delo as seguintes distincións:

  • Trofeo "The best overseas pipe band", gañado nos mundiais de Bandas de Gaitas de Glasgow (Agosto 1991 y 1993).

  • Distinción á Banda máis popular do Highland Gathering, celebrado en Yakarta 1992 (Indonesia)

  • Gran Percebe de plata e ouro, otorgados pola "Enxebre Xuntanza do Percebe de Barcelona".

  • Gran "Caball" da cidade de Barcelona.

  • Medallas de recoñecemento das cidades de Munich, Nürnberg e Berlín.

  • Medalla de ouro da cidade de Nantes.

  • Diploma de honra da cidade de Glasgow.

  • Distinción especial do Festival Internacional de Strakonice (Chequia)

  • Medalla de ouro da cidade de Caracas.

  • Distinción de honra da cidade de Chicago.

  • Medalla de ouro da Cidade do Vaticano.

  • Pergamino de recoñecemento da súa Santidade o Papa Xoan Pablo II.

  • Medalla ó mérito do Goberno de Corea do Sur.

  • Distincións das Televisións Nacionais de México e Santo Domingo.

  • Diploma de recoñecemento do Goberno de Xapón.

  • Declaración do goberno de Uruguay de interés nacional a presencia da Real Banda no seu País.

  • Medalla de ouro da cidade de Bós Aires.

  • Medalla de plata do Goberno de Galicia.

  • Trofeo "Cidade de New York" ( desfile de San Patricio - 30 de Marzo do 2000).

  • Chave de Ouro da cidade de Newark (New Jersey).

  • Premio ó mellor labor de comunicación no ámbito nacional e internacional, referido á Comunidade Autónoma de Galicia, acadado o 13 de Decembro do 2002.

  • Chave de Ouro da cidade de Melbourne.

  • Recoñecemento do Conservatorio de Música de Sydney.

  • Título de REAL concedido polas súas Maxestades os Reies de España, Don Juan Carlos I e Dona Sofía.

  • Distinción da Biblioteca de Alexandría.

  • Medalla de ouro do Goberno do Cairo.

  • Medalla de ouro da Universidade do Cairo

  • Recoñecemento do Consello Superior de Antigüedades de Egipto.

  • Gran Escudo de Ouro do Estado Libre Asociado de Puerto Rico.

  • Aparte das distincións mencionadas, a Real Banda ten moitos outros recoñecementos, especialmente dos centros galegos existentes en todo o mundo.

    Ten editado as seguintes produccions discográficas: Os Segredos da Gaita (CD+Video didáctico), Gallaecia(CD), Vídeo lugares monumentales provincia de Ourense, Ano Santo (CD), Adelita(CD), Solistas da Real Banda(CD),Gaudeamus Igitur(CD), Cantigas de Ourense(CD),  Directo Teatro Avenida de Buenos Aires (CD+DVD), God bless America(CD), O Camiño(CD), Festa Celta(CD), Cantigas do Mar(CD), Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia(CD),Concertos a Juan Pablo II (CD+DVD), Concerto de Nadal con María do Ceo (CD-DVD), Centenario Estrella Galicia (CD), Concerto Atox (CD), Directo Teatro Principal de Burgos (DVD), Directo Liceo de Salamanca (DVD), Himnos e Marchas Procesionais de Galicia (CD), Cantares Populares con Miriam Figueiras (CD+DVD), Concerto de Reis 2008 (DVD), Marco Foxo Gañador Solistas 2009 (CD-DVD).

  • Dende o punto de vista musical, a Real Banda é unha formación musical sen precedentes, conseguindo cotas sinfónicas e combinacións gaitísticas totalmente renovadoras no mundo das gaitas; todo elo derivado do emprego de tres variantes da gaita galega, a saber: Gaitas en Si bemol, gaitas de "barquín" (soplo mecánico), afinadas en fa agudo e fa grave, así coma unha sección de percusión formada por redoblantes de alta tensión, tambores tenores, bombos, panderetas e terrañolas. En desfile é precedida dunha sección de bastóns de mando. Nas súas actuacións en concerto soe actuar a súa sección de "Cantareiras".

    A Real Banda vai ataviada cos clásicos traxes galegos de gala do século XVIII; lucindo, en ocasións especiais, o vello traxe tudense de orixe medieval. O seu repertorio está constituído polas melodías máis representativas da tradición musical de Galicia e países da área céltica, completándose o seu vasto bagaxe de obras con melodías de distintas culturas do mundo.

    En fin, podemos afirmar que a Real Banda é unha formación sinfónica de gaitas, única no mundo na súa composición e formas, empregando a disciplina como constante referente nas súas actuacións, o que inspira e transmite ó espectador a simpatía e atractivo dunha xuventude que, coa súa mensaxe, achega ós distintos pobos da Terra.

Campus Auriensis
Calendario Escolar 19/20
Catalogo Centros
7 de Julio de 2010