SE PARAMOS TODAS, SE PARA O MUNDO

 

"Se paramos todas, se para o mundo" é unha mobilización global de carácter social auspiciada polas asociacións feministas de máis de 40 países que terá lugar o vindeiro xoves 8 de marzo e que reivindica a necesidade de promover cambios para conseguir a igualdade real das mulleres e os homes.

 

 

A idea primordial é que as mulleres seguen a realizar en pleno século XXI a meirande  parte do traballo non remunerado, sufrindo a precariedade laboral, a fenda salarial que as penaliza en soldo e oportunidades laborais, o teito de cristal que pon de manifesto a ausencia de mulleres en postos directivos, a feminización da pobreza e o acoso sexual.

É un clamor multitudinario contra toda forma de violencia física, económica e simbólica.

Coas accións que se van levar a cabo o 8M preténdese visibilizar as situacións de abuso e a violencia que, a diario, sofren as mulleres de todo o mundo e reivindícanse ademais máis medios para erradicar a violencia machista.

A pesares de que ANPE Ourense é unha organización sindical que estatutariamente centra as súas reivindicacións nas condicións de traballo e retributivas das Docentes Ourensáns e de que temos presente que as Docentes Galegas gozan, grazas ao seu esforzo e traballo, de igualdade laboral, queremos solidarizarnos coa táboa de reivindicacións deste día, e manifestar o noso total apoio para que os Docentes afiliados e simpatizantes que o desexen poidan secundar e participar das actuacións programadas o 8 de marzo.

 

 

En Ourense, a 6 de marzo de 2018
Secretariado Provincial de ANPE Ourense Sindicato Independiente.

Campus Auriensis
Calendario Escolar