D. GONZALO IGLESIAS SUEIRO ELIXIDO DOCENTE EXEMPLAR OURENSÁN 2016


Rolda de prensa o luns, dia 16 de maio, ás 11h horas na sala de xuntas da sede provincial de ANPE Ourense, Rúa Progreso 83, 1º D, da nosa capital.

Á mesma están invitados tódolos medios de comunicación da nosa provincia, e contará coa presenza do elixido Docente Exemplar Ourensán 2016: D. Gonzalo Iglesias Sueiro, coas principais autoridades da provincia así como cunha representación dos membros do xurado 2016 que estarán ó dispor de tódolos asistentes.

 


Como en anos anteriores, coincidindo coas vésperas do Día das Letras Galegas, tivo lugar a elección, por máis de vinte asistentes con cargos de dirección, persoal da inspección educativa e persoas de recoñecido prestixio no eido educativo de toda a provincia e de tódolos niveis educativos (dende a Educación Infantil ata a Universidade), a elección do Docente Exemplar Ourensán 2016 que, neste ano, acordaron por unanimidade, designar a D. Gonzalo Iglesias Sueiro, mestre ex-Director do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia.

O recoñecemento terá lugar nun Acto Solemne o comezo do vindeiro curso 2016-17, celebrando o Día do Docente, no transcurso do Homenaxe a todo o profesorado xubilado de este e o pasado curso na nosa provincia.

Todas estas actividades están organizadas por ANPE Ourense en colaboración co Defensor do Profesor, a Asociación Psicopedagóxica Galega Alezeia e o Campus Auriensis e contan co patrocinio da Deputación de Ourense do Concello de Ourense.

 

 

En Ourense, a 14 de maio de 2016
Secretaría de Comunicación.
ANPE, Sindicato Independiente.

Campus Auriensis
Calendario Escolar