Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2016 - 2017

 

 

Aberto o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2016- 2017.

 

 



CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:
  • Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición:  1 e 15 de febreiro.
  • Data do sorteo público a efectos de desempate: Última semán de febreiro.
  • Publicación de postos escolares vacantes: Antes do 1 de marzo.
  • Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 29 de marzo. solicitude ten que facerse co impreso oficial, onde se poderá solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar. 
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo: A partir do 22 de marzo.  
  • Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: Antes do 25 de abril.
  • Reclamacións: 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais. 
  • Publicación de listaxes definitivas: Antes do 15 de maio.
  • No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 

RECLAMACIÓN: 
As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as dictou.

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

No impreso pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia (presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se relaciona como primeira opción, xa sexa público ou concertado).
Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 

NORMATIVA:

SORTEO PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:
  • Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates.
  • Resolución do sorteo das letras de prioridade para o desempate no procedemento de admisión.
  • Resultado do sorteo 2016:
  • Letras primeiro apelido: ¨...¨ e ¨...¨ 
    Letras segundo apelido: ¨...¨ e ¨...¨

DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:

MÁIS INFORMACIÓN:
  • Nos propios centros educativos.
  • Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 

 

 

ANPE Ourense Secretaría de Comunicación
Presidente ANPE-fses Ourense

Martes, 09 de febreiro de 2016.

Campus Auriensis
Calendario Escolar